Miguel Fernández Vasco entre os galegos millor clasificados ó facerse coa Copa de Finn en Guadalaxara
Marcos Fernández foi primeiro en Techno 293 e Beatriz Lence segunda feminina en 4.7
A Federación Galega de Vela desprazou durante a ponte de maio ás seleccións Caixanova de Optimist, 420, Techno 293, Finn, Láser Radial e 4. 7 por distintas localidades do litoral español e de augas interiores, grazas ó patrocínio da Dirección Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, onde cada un dos equipos de regata ían disputar as súas respectivas Copas de España, despois do bo acento galego que quedou patente nos nacionais de Semana Santa.
Os vilagarciáns renovan o seu título nacional na clase na última manga do campionato
Vilagarcía de Carlos e Antón Paz Campións de España de Platú 25
O Vilagarcía, de Carlos e Antón Paz, renovou en Palma de Mallorca o título de Campión de España da clase Platú 25, que gaña por segundo ano consecutivo, das tres edicións que ata a data disputáronse. A xornada dominical, última do nacional na illa balear, mostrábase cos nervios a flor de pel, cos primeiros postos da xeral moi pouco distanciados, e con tan só dúas mangas por disputar, moi escasa marxe de manobra para ter controlados aos máis directos adversarios, “iso pode ser bo, pero tamén moi malo”, opinaba Alberto García, patrón do Turismo de Portugal - Algarve, poucos minutos antes de saír do pantalán onde estaba amarrada toda a flota.
A ben chamada “armada” galega resiste os embistes dos seus máis directos adversarios
Espectacular segunda xornada do Campionato de España de Platú 25 en Palma de Mallorca
De espectacular pódese calificar a segunda xornada do Campionato de España de Platú 25, que estes días acolle o magnífico campo de regatas de Palma de Mallorca. Organizado polo seu Real Club Náutico, logrou convocar a 35 embarcacións na terceira edición do nacional da modalidade, cunha ampla representación española nun Open no que tamén participan embarcacións estranxeiras.
O Vilagarcía de Carlos Paz é o terceiro español millor clasificado
Turismo de Portugal - Algarve de Alberto García líder do Campionato de España de Platú 25
Comezou en Palma de Mallorca o Campionato de España da clase Platú 25, unha das modalidades máis atractivas da vela monotipo en España, e fíxoo con bo pé para o barco de Alberto García e os seus mozos, o Turismo de Portugal - Algarve, que ocupa a segunda praza da xeral, pero lidera o nacional como primeiro español clasificado.