Curso de navegación de altura
¿Estas disposto a realizar un curso de navegación ? a súa duración será de tres días (como mínimo) nun veleiro de 49 pés , novo, onde terás que ir rotando por todos os distintos postos, é dicir, terás que: pilotar, manobrar en portos e baías, falar por banda mariña, manexar o RADAR e demais equipos electrónicos auxiliares da navegación, trazar a derrota máis estratéxica logo de achar un Routing optimo, sacado dos cálculos extraídos dos mapas meteorolóxicos de superficie e altura, así como os das polares do barco, obter a posición mediante observacións de sextante, participar na tarefas de limpeza e avituallamento , manter un correcto trimado nas velas..

Todo este programa realizarase facendo gardas de 3 horas en grupos de 4 alumnos e noite. Durante as seis horas que non esteas de garda, poderás botar man da biblioteca ou do ordenador, participar en xogos de mesa, pescar, ver a T.V., escoitar música ou semplemente durmir.
Ao finalizar o curso se expedirá un diploma avaliado por un profesor homologado pola Xunta de Galicia para a realización de practicas de titulacions náutico-deportivas.
O prezo do curso, con todo incluído é de 550 € + I.*V.A.
Zona de navegación: Finisterre, Cantabrico, Porto, San Vicente.
Pto de saída: Vigo.
Comeza a soñar, imaxínacho será unha experiencia apaixonante. Se o tes claro,¡só tes que apuntarche!
Para matricularse ou obter máis información, poden remitirnos un correo electrónico á seguinte direccion: comiteescuela@fgvela.com ou chamar ao 626310467 |