|
SEMANAS AZUIS
CENTRO NÁUTICO E ALBERGUE DE CEDEIRA
2007
FEDERACIÓN GALEGA DE VELA
SEMANAS AZUIS
A Federación Galega de Vela dispón dunha instalación náutica en Cedeira,
A Coruña, na que se celebran cursos de vela, windsurf e actividades de tempo libre en réximen de internado e pensión completa.
Dita instalación está formada por unha nave no porto. Aquí están as embarcacións e realízanse os cursos de vela. Contamos cun albergue no que aloxaremos a participantes e monitores.
A escola de vela conta con embarcacións adaptadas as idades dos participantes, da clase optimist, topaz, omega, tablas de windsurf e neumáticas apropiadas para as labores de ensinanza e salvamento.
- Optimist: Embarcación individual, idónea para dar os primeiros pasos no mundo da vela, é unha embarcación para os mais pequenos, dende os 8-9 anos ata os 13-14.
- Topaz: Embarcación para un ou dous tripulantes. Rápida e moi sinxela de levar. Ideal para unha rápida evolución.
- Omega: Embarcación colectiva (de 3 a 6 tripulantes). Ideal para comezar, fácil manexo e de fortes sensacións.
- Windsurf: Material de iniciación formado por tablas High Fly (Mambo) e velas de 3.5 m e 5 m.
- Embarcacións neumáticas: Contamos con catro embarcacións que serven para acompañar aos alumnos e de seguridade.
O albergue ten unha capacidade de 32 alumnos que será a base do campamento aglutinando aloxamento e manutención.
As actividades programadas para estes cursos son as de iniciación na vela lixeira, en windsurf, senderismo, actividades de tempo libre, excursións a sitios típicos da zona coma San Andrés de Teixido, Punta Candieira... de modo que non é a vela a única actividade que se realiza e dependendo das condicións meteorolóxicas adícase o tempo a un ou outro deporte. Cuando o tempo no é o máis idóneo para a realización das actividades acuáticas tamén contamos co pabellón do pobo, que é cedido para realizar distintas actividades dentro do mesmo (partidos de fútbol, baloncesto, badmington, gincanas….)
Esta actividade esta plantexada para ser realizada a través dun grupo organizado como excursión de fin de curso, complemento de formación de ciclos de educación física ou simplemente un colectivo que quere realizar una actividade totalmente distinta ó habitual.
DURACIÓN
As Semanas Azuis organízanse durante todo o ano a excepción dos meses de xullo e agosto (nestes meses o centro realiza campamentos quincenais) e teñen unha duración de 5 días (de luns a venres, se podería comezar o día que o grupo acordara sempre e cando teñamos disponibilidade).
LUGAR
Os cursos realízanse na vila de Cedeira, provincia da Coruña, a 35 Kms. de Ferrol.
O campamento desenvólvese entre o Albergue "Los Tres Pinos", situado a catro Kms. de Cedeira e a escola de vela, que está situada no porto, que é o centro principal da actividade.
INSTALACIONES
O Albergue e a escola de vela contan con instalacións propias. O Albergue, unha antiga escola unitaria adaptada para a actividade ten dous plantas, unha delas para aloxamento masculino, cos seus correspondentes servzos e duchas e a outra para o femenino coas mesmas características. Conta tamén con cocina e un salón-comedor. O albergue está equipado con dúas zonas cubertas onde se realizan actividades en condicións climatolóxicas adversas. Este ano vanse realizar melloras nas instalacións, modificando os ventanais do albergue, introducción de calefacción e mellora dos servizos.
A escola de vela ten vestuarios nenos/nenas con duchas de auga quente, diferentes pañoies e unha explanada para o almacenaxe das embarcacións.
Para a ensinanza práctica da actividade de vela contamos con barcos " Escuela",
barcos colectivos (tipo Omega), barcos individuais ou dobles (tipo Topaz) e tablas de windsurf.
En todo momento as actividades serán impartidas por monitores titulados pola Federación Galega de Vela.
Como embarcacións de seguridade e salvamento o centro está provisto de embarcacións neumáticas cos seus correspondentes motores foraborda que se utilizan durante o desenrolo dos cursos.
Dispoñemos tamén de chalecos salvavidas nas súas diferentes tallas para todolos cursillistas que pasan pola escola, esta prenda é de uso obrigatorio sempre que se realicen actividades acuáticas. Ademais todolos alumnos do campamento estarán en posesión da licencia federativa que lles cubre ante cualquier incidente dentro das actividades, esta licencia está incluida dentro do prezo do campamento.
ASISTENCIA
Esta actividade está pensada para grupos de persoas que queiran disfrutar dunha semana en plena natureza para practicar o deporte da vela xunto con outras actividades. Os grupos poden ser colexios, como actividad extraescolar, viaxe de fin de curso, asociacións culturais, etc…
Establécese un mínimo de 20 alumnos para a celebración da semana azul e un máximo de 32. En caso de ser un grupo coordinado suficiente para chear o cupo a idade mínima sería de 9 anos.
CONDICIÓNS DE ACCESO A SEMANA AZUL
Para poder practicar este deporte, os alumnos terán que saber nadar e tener máis de 9 años.
Fíxanse as seguintes plazas:
- 16 plazas de nenas
- 16 plazas de nenos
COSTE DA ACTIVIDADE
O coste da Semana será de 250 euros/alumno, o que incluirá a licencia federativa (seguro de accidentes), aloxamento no albergue Los Tres Pinos e pensión completa ademais das actividades que realicen tanto de vela como de tempo libre.
CONTACTO
Para máis información poñerse en contacto coa Federación Galega de Vela.
Peirao de Bouzas s/n 36208 Vigo Pontevedra.
Teléfono: 986237116
Correo electrónico: comiteescuela@fgvela.com |