Aquí
atoparás un marco que permitirá determinar o teu nivel
nas modalidades de vela lixeira, táboas a vela, funboard,
catamarán e cruceiro. Composto por "Standard"
(etapas codificadas por exercicios), este marco de seguimento de
nivel axudarate a avaliar o teu progreso e informarate das
dificultades as que debes enfrontarte para avanzar mellor.
Os
"Standard".
Os
estándares son referencias básicas que permiten ás
escolas poñer en marcha un seguimento pedagóxico. A súa
realización pode ser rápida (realización
directa) ou lenta (é dicir, que esixa a realización de
exercicios intermedios), segundo a dificultade do "Standard",
as condicións meteorolóxicas e a túa capacidade
de aprendizaxe. Este modo de ensino pretende axudarte a acadar as
técnicas de navegación no menor tempo posible e coa
máxima seguridade. Estas divídense en estándares
de iniciación e perfeccionamento. Segundo o tempo que vaia o
nivel estándar adquirido pode cambiar (véxase a
continuación):
As
progresións.
A
túa etapa pode comezar con vento débil e seguir con
vento forte. Polo tanto terás que refacer os estándares
adquiridos en condicións de mar e vento máis fortes
(vento máis forte e ondas). A progresión dos
estándares permanece igual con todas as condicións,
pero o contido do ensino e a duración da aprendizaxe poden
variar. O teu monitor farate seguir dúas progresións
de iniciación e de perfeccionamento paralelas segundo as
condicións da navegación. En cada estándar
realizarás os test correspondentes o teu nivel e cor.
Un
monitor da Escola Galega de Vela coordina os contidos do ensino.
A
garantía.
Antes
de establecerse como "Escola Galega de Vela", todas as
escolas de vela deben estar homologadas FGV, é dicir,
respectar un mínimo de criterios:
O
Selo Escola Galega de Vela.Recoñecido pola Secretaría
Xeral para o deporte da Xunta de Galicia e controlado polo
Departamento da Federación Galega de Vela.
Un
ensino con prestacións. As escolas seleccionadas
proporcionan prestacións de ensino náutico de calidade,
son a garantía da Escola Galega de Vela.
Un
control de calidade. Este control garántelle:
Unha recepción
organizada.
Un
ensino cualificado e diplomado.
Unha
avaliación do seu nivel.
Un
material en bo estado.
Uns
dispositivos de seguridade axeitados.
A
Forza da Rede.
A Escola Galega de
Vela agrupa ós centros de Galicia.
Unha
sinalización uniforme.
Un
ensino progresivo adaptado ó nivel de cada un con niveis de
cores para poder interpretar os niveis prácticos.
Un
colaborador oficial: Caixanova.
Unha
cor por cada nivel. Tras pasar por unha das Escolas Galegas de
Vela, o teu monitor pode interpretar polo teu nivel de cor optimist,
vela lixeira, táboa a vela, funboard, catamarán o
cruceiro. A cada cor correspóndelle un pin que se lle
entregará.