ESCOLA GALEGA DE VELA
A AVALIACIÓN DOS NIVEIS
Aquí atoparás un marco que permitirá determinar o teu nivel nas modalidades de vela lixeira, táboas a vela, funboard, catamarán e cruceiro. Composto por "Standard" (etapas codificadas por exercicios), este marco de seguimento de nivel axudarate a avaliar o teu progreso e informarate das dificultades as que debes enfrontarte para avanzar mellor.
OS "STANDARD"
Os estándares son referencias básicas que permiten ás escolas poñer en marcha un seguimento pedagóxico. A súa realización pode ser rápida (realización directa) ou lenta (é dicir, que esixa a realización de exercicios intermedios), segundo a dificultade do "Standard", as condicións meteorolóxicas e a túa capacidade de aprendizaxe. Este modo de ensino pretende axudarte a acadar as técnicas de navegación no menor tempo posible e coa máxima seguridade. Estas divídense en estándares de iniciación e perfeccionamento. Segundo o tempo que vaia o nivel estándar adquirido pode cambiar (véxase a continuación):
AS PROGRESIONS
A túa etapa pode comezar con vento débil e seguir con vento forte. Polo tanto terás que refacer os estándares adquiridos en condicións de mar e vento máis fortes (vento máis forte e ondas).
A progresión dos estándares permanece igual con todas as condicións, pero o contido do ensino e a duración da aprendizaxe poden variar.
O teu monitor farate seguir dúas progresións de iniciación e de perfeccionamento paralelas segundo as condicións da navegación. En cada estándar realizarás os test correspondentes o teu nivel e cor.
Un monitor da Escola Galega de Vela coordina os contidos do ensino.
A GARANTIA
Antes de establecerse como "Escola Galega de Vela", todas as escolas de vela deben estar homologadas FGV, é dicir, respectar un mínimo de criterios:
-O Selo Escola Galega de Vela: Recoñecido pola Secretaría Xeral para o deporte da Xunta de Galicia e controlado polo Departamento da Federación Galega de Vela.
-Un ensino con prestacións: As escolas seleccionadas proporcionan prestacións de ensino náutico de calidade, son a garantía da Escola Galega de Vela.
-Un control de calidade. Este control garántelle:
Unha recepción organizada.
Un ensino cualificado e diplomado.
Unha avaliación do seu nivel.
Un material en bo estado.
Uns dispositivos de seguridade axeitados.
-A Forza da Rede:
A Escola Galega de Vela agrupa ós centros de Galicia.
Unha sinalización uniforme.
Un ensino progresivo adaptado ó nivel de cada un con niveis de cores para poder interpretar os niveis prácticos.
Un colaborador oficial: Caixanova.
-Unha cor por cada nivel. Tras pasar por unha das Escolas Galegas de Vela, o teu monitor pode interpretar polo teu nivel de cor optimist, vela lixeira, táboa a vela, funboard, catamarán o cruceiro. A cada cor correspóndelle un pin que se lle entregará.
|