Xunta
Inicio Castellano
Federación Clubes Licenzas Regulamentos Localización Contacto

Calendario de Eventos
Boletín, dese de alta
Comité de Vela Femenino


Novas

"SOLVENTIS" GAÑA NO GROVE E ACHÉGASE Á CABEZA DA RIAS BAIXAS MARTIN CODAX

Moita igualdade no Grove con vitoria do "Solventis". "Castrosúa" segue de líder e "Pairo 8" que foi sétimo na terceira etapa afástase do primeiro posto. A regularidade do "Txole" de Ignacio Sánchez provoca que sexa o cuartp na xeral en detrimento do "L para comer Lugo" de Araújo que é quinto. En regata-cruceiro continúa o abafador dominio do "Terras Gauda", na que aspiran á segunda praza "Jotiti", "Alimentos de Zamora" e "Galicia Xove Caixanova". O Trofeo do Concello de Vigo para cruceiros ten un claro líder en "Viaxes Atlántico". "Somni" volve gañar na división extra e é o gran favorito o "Ibericar-Toyota". Hoxe luns o Rías chega a Sanxenxo. En total 18 millas con saída ás 13.00 dende O Grove.

Domingo, 15 de agosto de 2010.- Terceira etapa da Regata Rías Baixas Martín Códax e terceiro triunfador parcial o que demostra a grande igualdade reinante. Se en Combarro o gañador era "Pairo 8" e na Pobra do Caramiñal se levaba o gato á auga "Castrosúa", no Grove o mellor era o "Solventis" ...

"PAIRO 8" PRIMEIRO LIDER DA REGATA RÍAS BAIXAS

Ventos do norte de 10 a 25 nós acompañaron toda a primeira etapa Vigo-Combarro, que foi moi dura. O primeiro en chegar a Combarro foi o "Bizkaia-Maitena" do Marítimo de Getxo. Hoxe sábado a regata chega á provincia Da coruña. En total 22 millas con saída ás 13.00 dende Combarro e chegada á Pobra do Caramiñal

Venres, 13 de agosto de 2010. - Ao termo da primeira etapa da Regata Rías Baixas Martín Códax, que finalizaba onte pola tarde no porto pontevedrés de Combarro, o Farr 39 "Pairo 8" do Monte Real Club de Iates de Bayona patroneado polo malagueño Laureano Wizner é o líder provisional do Gran Premio ...

Lara Lagoa convértese na embaixadora española dos Xogos Olímpicos da Xuventude en Singapur

A windsurfista galega partirá o xoves dende Barcelona a unha das citas internacionais máis importantes ás que se enfrontou. Coa intención de pelexar ata o último momento por unha das tres medallas na clase Techno, a regatista do Club Náutico de Cangas asegura ter moitas opcións entre os participantes

Martes, 10 de agosto de 2010. - Dende que soubo que ía representar a España nos Xogos Olímpicos Xuvenís que dende o próximo sábado e ata o 26 de agosto se celebran en Singapore, a regatista da Selección de Vela Caixanova non ocultou a súa satisfacción por converterse na embaixadora por excepción da ...

Podio galego no Campionato de España da clase Finn en Oza

Miguel Fernández del Club Marítimo da localidade galega levouse merecidamente un torneo no que dominou con autoridade de principio a fin. O liceísta Ero Pons completa o palmarés

Luns, 9 de agosto de 2010.

Ver Completa

Ziralla Primero, Andarivel e Albatros lévanse o Trofeo Hotel Carlos I Silgar

O Real Club Náutico de Sanxenxo cumpre coa tradición e circunnavega Onza e Ons na Ruta de Las Islas. Os barcos chegaron a navegar ata con seis compoñentes de distinta dirección acurtando o Comité a chegada

Domingo, 8 de agosto de 2010. - O Real Club Náutico de Sanxenxo foi fiel á súa tradición coa Regata Ruta de Las Islas, que durante este fin de semana disputou a 11ª edición do Trofeo Hotel Carlos I Silgar, un magnífico rumbo marítimo pola Ría de Pontevedra, no que tamén colaboraron a Secretaría ...

Competicións
18/09/2010
25/09/2010 26/09/2010
25/09/2010 26/09/2010
18/09/2010 19/09/2010
 
Competicións
Ver Mais   Ver Mais
Novas
Competicións
Formación
Documentación
Fedérate
 
Patrocinadores

teaxul
astec
Caixanova