As características da licenza federativa que ofrece a Federación Galega de Vela son:
- Duración do 1 de xaneiro o 31 de decembro.
- Parte de accidente gratuito.
- Dous días laborables de carencia.
As características da licenza federativa son de carácter nacional. No caso de saída
ao extranxeiro, terán que pedir autorización á Federación Galega de Vela.
A licenza federativa galega ofrece as seguintes garantías:
| Morte |
10.000 € |
| Invalidez permanente derivada de accidentes |
20.000 € |
| Asistencia médico-quirurxica |
ILIMITADA |
| Asistencia sanitaria no extranxeiro |
6.000€ |
| Traslado urxente a hospital |
ILIMITADA |
|
A licenza da Federación Galega de Vela establécese como obrigatoria para tódolos
deportistas e alumnos dos cursos de formación de práctica de vela. Este requisito será
indispensable para a valoración de cursos de calquera entidade deportiva federada.
A licenza deberá solicitarse á Federación Galega cun mínimo de 2 días antes do inicio da
competición ou curso, seguindo o procedemento habitual.
A licenza federativa galega autoriza a participación en competicións deportivas de
carácter nacional e internacional segundo:
- Accidentes deportivos Póliza Nº 51261902
- Responsabilidade Civil Póliza Nº 40-5006456 ( franquía de 450€ )
| Directivos |
60€ |
| Técnicos |
55€ |
| Deportistas |
| Senior (>18 anos) |
55€ |
| Xuvenil (15 - 17) |
30€ |
| Infantil (<14 anos) |
30€ |
| Escola |
16€ |
| Bautismo de mar |
6€ |
| 2ª licenza |
13€ |
| Duplicados |
3€ |
| Lic. Club Independente |
90€ |
|
Licenza Tripulante Cruceiro 16€
Validez para un só fin de semana en regatas locais.
Unha única expedición anual. ( non puntuable en baremo)
A solicitude debe facela un club.
Non se expedirá tarxeta física.
As de Categoría superior como Directivos e Técnicos non supoñen as de categoría inferior (deportistas).
O seguro garante o pagamento das indemnizacións previstas nas condicións particulares
da póliza polas lesións corporais sufridas polos deportistas non profesionais, incluídos
na relación que se facilite como consecuencia do accidente acontecido durante
adestramentos ou competicións oficiais. |