Xunta
Inicio Castellano
Federación Clubes Licenzas Regulamentos Localización Contacto

Calendario de Eventos
Boletín, dese de alta
Comité de Vela Femenino
Novas

O barco galego Estrella Maris II, a punto de cumprir o seu sono de cruzar o Atlántico

A pesar da dureza das condicións, con baixas e renuncias entre a frota, o Hunter 41 vigués, mantense a poucas millas de completar o seu desafío. Entre a tripulación do armador madrileño, Ernesto Cortina, habitual nas probas náuticas da Comunidade, os galegos Marcos Iglesias e Catuxa Cabrera. Cargados de mantas -coa proporcional perda de velocidade- levan axuda a Haití. Cargados de mantas -coa proporcional perda de velocidade- levan axuda a Haití.

Sábado, 6 de febreiro de 2010. - Eran as 10:30 horas da mañá do 14 de xaneiro cando finalmente o comité organizador puido dar a saída do VI Gran Prix del Atlántico dende Porto Sherry, prevista inicialmente para o 9 de xaneiro pero que se viu impedida por motivos meteorolóxicos que recomendaban o seu aprazamento. Así, con moito vento e onda, o barco vigués do armador Ernesto Cortina, o Estrella Maris II aproaba rumbo á Mariña de Rubicón en Lanzarote, para posteriormente dirixirse a Sansouci en Santo Domingo, final do percorrido desta regata de altura de cruceiros, inscrita no calendario e que conta coa colaboración da Real Federación Española de Vela, a Real Asociación Nacional de Cruceiros e a Federación Andaluza de Vela, baixo a organización de Difusión Náutica S.L. e o Club Náutico Skipper. O Grand Prix del Atlántico durará un total de trinta días nos que se percorrerán 3.800 millas. A bordo do Hunter 41, cinco tripulantes, dous deles galegos; Catuxa Cabrera e Marcos Iglesias.
Con ventos de máis de 25 nós e puntas de 30, e unha onda moi molesta, o Estrella Maris zarpaba en segunda posición por detrás do Zitania -Sun Odyssey 54-. Tras pasarlles por diante o Niob Sexto -un Actual 46-, os de Cortina aferráronse á terceira posición que defenderon sen problemas durante as primeiras xornadas. As duras condicións meteorolóxicas do primeiro día de navegación deron paso a unha acougada, o peor inimigo dos veleiros, para deixar paso o 16 de xaneiro aos esperadísimos ventos alisios. A estratexia estaba clara nunha primeira fase con parada en Lanzarote: chegar a Canarias pegados á costa Africana. Fallaron nas súas previsións, e a pesar de crer ir terceiros, foron os penúltimos en chegar a Mariña Rubicón.
Rumbo a Santo Domingo, o coñecido meteorólogo Maxi Casares -Da coruña- convértese dende terra no seu mellor aliado, as súas indicacións fan que o barco galego Estrella Maris recupere pouco a pouco as posicións perdidas, e a tripulación volve estar animada. Rumbo sur, ata recuperar os coñecidos como trade-winds, volven estar en liza. Pasaron dez días de navegación, e levan en rumbo directo á illa caribeña.
Preto de pasar o ecuador da travesía, que en total suma 3.800 millas, á espera de que a mediados de febreiro poñan fin ao seu sono, o armador comezaba a acusar os fallos do barco, manobras e estratexia: "O barco segue sendo moi lento, e aínda que lle intentamos sacar todo o seu rendemento, sen spy, cargados, pesados e con hélice de dobre pa non retráctil, non podemos facer gran cousa para facelo correr, máis que buscar ventos duros. Empezamos a merecer un descanso despois de 48 horas de condicións extremas e non podemos descansar demasiado".
A pesar de que a sintonía entre o patrón e o Estrella é boa, algo está a fallar, terían que ter adiantado posicións, posto que os demais barcos se encontraron con pozos de vento, e non é así; mantéñense á cola. "O noso reto é cruzar o atlántico a vela e só a vela. Somos moi conservadores coa comida, a auga, as baterías, as cargas do xerador e o gasóleo que o alimenta. Cremos que temos Sto. Domingo na proa e así motivámonos. Pero o certo é que o que temos na popa é África e estamos a empezar a cruzar o Atlántico. Mellor pensar na proa e as millas que faltan, que son todas, e as iremos restando segundo avanzamos", relataba Cortina dende o barco. A pesar de que a velocidade era limitada, a tripulación ao completo segue a día de hoxe mantendo o ánimo. Pode que non consigan o trofeo, pero lévanse a experiencia. Viñemos a cruzar o Atlántico a vela, nós ao noso", afirman coro.
Superado de sobra o paralelo 20 norte, coa frota entre o 19 e 18, o vento aumenta ata os 35 nós, e a organización confirma que algúns dos participantes se retiraron, posto que se trata do Gran Prix máis duro da historia. Agora, tras 23 días de navegación as embarcacións que van lideres xa viron terra, a 400 millas de Santo Domingo. Haberá que esperar a ver que pasa co barco galego, o único que se atreveu a botarlle un pulso a este desafío. Como adoita rematar o seu diario da bordo Ernesto: Grazas por seguirnos e auga baixo quilla!.

Tripulación: Catro homes e unha muller

Ernesto Cortina é o armador do barco e principal culpable da aventura. Para el, o océano de Galicia non ten segredos. Asiduo das probas que se celebran ano a ano nas rías galegas, lidera unha tripulación que participa no circuíto da Comunidade. A bordo do Jotiti, un RO-400 SK, logrou un brillante palmarés. Destacar o primeiro posto na Regata Rías Baixas de 2008, ou un merecido podio no Trofeo Príncipe de Asturias o pasado mes de setembro.
Se ben, xunto a Cortina se embarcou unha renovada tripulación que non dubidou nin un por un momento en facer realidade unha das súas materias pendentes; navegar en cruceiro en pleno atlántico. Unha muller, a viguesa Catuxa Cabrera, recoñecida experta en vela lixeira; Ignacio Montero e Antonio Román, dous dos seus asiduos tripulantes do Estrela Maris e do Jotiti; e Marcos Igresias, o segundo dos galegos que conforma a tripulación, e Miguel Jauregui, ambos os dous navegantes profesionais que o armador -Cortina- chega a comparar con Fernado Alonso e Carlos Sainz, pero neste caso sobre a auga. Participaron nas máis importantes regatas do mundo, como é entre outras, La Copa América, onde non só navegan os mellores, senón tamén os mellores barcos (...), de aí que se lle coñeza como a fórmula un da vela. Na última regata da non só conseguiron quedar cuartos, o cal é un enorme éxito, senón que gañaron nada máis e nada menos que ao barco americano BMW ORACLE.

Millas solidarias- Axuda a Haití

O día 13 de xaneiro, acontecía o terrible terremoto en Haití. Desexosos de saír a navegar, á marxe da competición o propósito dos barcos participantes por ser o primeiro en cruzar a liña de meta, deixo de ter sentido. A Organización da Regata nos propuxo a todolos barcos que de forma voluntaria, poderían facer escala na illa de Lanzarote e cagar medicinas, alimentos, roupa e auga para axudar en Haití. Ningún llo pensou, a pesar de que neste tipo de competicións o peso a bordo é determinantes para estar na cabeza. En palabras do armador: “Iso deixo de importar, canto máis peso máis axuda para as vítimas. A competición en si ten deixado de ser el para converterse nunha regata solidaria por chegar todos canto antes para levar esas medicinas a quen máis o necesita". Cargados de mantas, que os fan perder velocidade por peso, o fin xustifica os medios, e o premio é maior do esperado.

«VOLVER Á LISTAXE    

Novas
Competicións
Formación
Documentación
Fedérate
 
Patrocinadores

astec
Caixanova
teaxul