EDUARDO REGUERA se proclama líder en Riveira tralo DNE a Rodríguez-Triana de las Cuevas
Xornada complicada de vento onde os 106 barcos pecharon o programa de mangas tras 6 horas na auga. Álvaro Míguez no Grupo B e Francisco Ventoso no Grupo C os outros protagonistas da clasificatoria. Tras aplicarse un DNE o vigués era relegado como líder da proba e sustituído polo regatista do Club Marítimo de Canido
Domingo, 7 de febreiro de 2010. - As 106 unidades que este fin de semana tomaron parte na proba de Optimist disputada en Riveira, volvéronse facer ao mar neste segundo día da regata coa incerteza meteorolóxica como hándicap para poder completar as dúas probas pendentes do programa do evento, unha cita clasificatoria que onte sábado quedaba salvada tras a realización das 4 mangas que permitían pechar as mínimas esixidas pola Federación Galega de Vela, para enxergar os mozos regatistas que representarán a Galicia na próxima Copa de España, a celebrarse do 31 de marzo ao 3 de abril, nas augas asturianas de Gijón.
Tras 6 horas no mar, o Comité logrou rematar as dúas mangas que restaban do anuncio da regata, aplicando boas doses de paciencia ao ter que anular a segunda e última proba. A hora límite establecérase ás 16.00 horas e quedaba moita mañá por diante para poder culminar esta última manga.
Francisco Javier Pérez Lafuente presidía o Comité Oficial. Nos primeiros compases do día ordenara o izado da bandeira de intelixencia no mastro do Club Náutico e Deportivo de Riveira. A regata estaba aprazada. Ás 10.00 horas arriouse, e unha hora máis tarde, a gran frota tomaba a saída na primeira proba do día. O vento era do 60, nordés, con 10 nós. A boia ao vento estaba a 0,42 millas, próxima a Palmeira. Andrés Álvarez, do Real Club de Mar de Aguete, gañaba a proba.
Na segunda manga, a validada polo Comité, comezouse a disputar entorno ás 14.00 horas. As circunstancias meteorolóxicas foron moi distintas. Vento do 180, sur cravado, con 20 nós na baliza de barlovento. O vencedor desta última proba era Álavaro Lence, do Club Marítimo de Canido.
Tralo descarte aplicado na primeira xornada, ao ter concluído 4 mangas, sumando os puntos obtidos coas 5 da clasificación xeral, o regatista do Real Club Náutico de Vigo, Javier Rodríguez-Triana de las Cuevas, con 18 puntos, proclamábase líder absoluto, puesto do que era relegado as oito da tarde unha vez se lle aplicou un DNE, que facía ascender na clasificación a Eduardo Reguera, do Club Marítimo de Canido. Tan só a mínima diferenza o separaba do seu inmediato perseguidor no podio, que finalmente o relevou na xeral. Jesús Fernández, do Club Náutico e Deportivo de Riveira lograba subir ao segundo caixón con 20 puntos. A terceira praza era para Andrés Álvarez, do Real Club de Mar de Aguete, con 21 puntos, cuarto era Pedro Martínez, do Real Club Náutico de Vigo, con 27.
Dos Grupos B e C eran titulares, Álvaro Míguez, do Real Club Náutico Da coruña, e Francisco Ventoso, do Real Club Náutico de Sanxenxo, respectivamente.
«VOLVER Á LISTAXE