Xunta
Inicio Castellano
Federación Clubes Licenzas Regulamentos Localización Contacto

Calendario de Eventos
Boletín, dese de alta
Comité de Vela Femenino
Novas

Cameselle, Echegoyen e Azón xóganse en Santander a súa praza no equipo preolímpico

Con dous pasaportes en xogo para acudir ao Princesa Sofía, as tres tripulacións galegas parten como favoritas, mirando de esguello á catalá Silvia Roca. Reservada a xornada de hoxe para os adestramentos oficiais, as unidades competirán dende o mércores e ata o próximo sábado

Martes, 9 de marzo de 2010. - Xunto ás tres tripulacións galegas, outras cinco pelexarán en augas santanderinas polo podio do II Campionato de España de Match Race Femenino, unha cita que toma relevancia tendo en conta que supón o pasaporte directo para acudir ao Trofeo SAR Princesa Sofía Mapfre, un dos eventos puntuables para a selección do equipo preolímpico desta modalidade, ao que só optarán as campioas e subcampionas estatais.
Nesta dura pugna, non cabe dúbida de que as representantes galegas, cuxos equipos lideran Tamara Echegoyen, campioa do Circuíto Nacional de Match Race do ano pasado; Marga Cameselle, compoñente do equipo preolímpico de 2009; e a olímpica Sandra Azón, parten como favoritas entre as oito unidades que toman parte dende mañá e ata o próximo sábado na proba nacional, organizada polo club santanderino e a Real Federación Española de Vela coa colaboración da Federación Cántabra de Vela.
Entre as mellores patroas de España, os tres equipos trasladados dende Galicia teñen moito que dicir. Coas expectativas a flor de pel, todas elas coinciden en sinalar que parten con opcións, e que darán a pelexa a outras grandes como a catalá Silvia Roca, igualmente entre as favoritas. Se ben, a falta de que se dea o primeiro pistoletazo de saída, os adestramentos de hoxe servirán para medir o nivel das participantes na auga.
Os enfrontamentos de barco contra barco disputaranse a bordo do Elliott 6 m, o monotipo elixido para as regatas desta modalidade en Londres 2012. Utilizaranse as catro unidades que adquiriu a Real Federación Española de Vela para o equipo preolímpico.

«VOLVER Á LISTAXE    

Novas
Competicións
Formación
Documentación
Fedérate
 
Patrocinadores

astec
teaxul
Caixanova