Xunta
Inicio Castellano
Federación Clubes Licenzas Regulamentos Localización Contacto

Calendario de Eventos
Boletín, dese de alta
Comité de Vela Femenino


Novas

A Copa de España de Cadete dispútase ata o sábado na baía de Baiona

A frota galega apunta maneiras e perfílanse favoritos na cita copeira

Mércores, 31 de marzo de 2010. - A baía de Baiona volve ser escenario, en menos dunha semana, dunha relevante cita coa denominada vela de transición. Despois da copa galega da clase Cadete, celebrada o pasado fin de semana, o Monte Real Club de Yates de Bayona alberga a Copa de España, que se ...

Cangas acolle o Campionato de España da clase Vaurien este fin de semana

Tres días de intensa competición nos que se darán cita máis dunha corentena de unidades, que arranca extraoficialmente mañá coas probas de velocidade no R. C. N. R. C. María Campos e Bea Quintá, Nacho Campos e Nuria Búa ou Pablo Cabello e Javier Lago, son algúns dos que parten como favoritos para deixar en Galicia o título estatal da clase internacional

Mércores, 31 de marzo de 2010. - O Campionato de España de Vaurien conta as horas para o seu arranque oficial o próximo venres 2 de abril e que manterá ás corenta unidades inscritas a data de hoxe en competición ata o próximo domingo 5. Organizado polo Real Club Náutico Rodeira de Cangas, conta coa ...

Ver Completa

Cameselle e Echegoyen suman ambas as dúas unha vitoria de dous encontros

Os intensos refachos de vento, que pola mañá mesmo alcanzaron os 40 nós, e a forte ondada en augas da baía de Palma impiden competir a oito clases. Só o Match Race Femenino e os windsurfs, tanto masculino coma feminino, navegaron hoxe

Martes, 30 de marzo de 2010. - Xornada aciaga para moitas das clases que estes días e ata o próximo venres se deron cita en Palma para disputar o Trofeo SAR Princesa Sofía Mapfre, evento puntuable para a ISAF Sailing World Cup na súa segunda edición, abre a tempada de regatas en Europa e é o ...

“Siec” e “Grifo” vencedores do IX TROFEO GALOS –JOYERÍA ARIZAGA

A entrega de dos magníficos trofeos celebrouse despois da cea preparada para a ocasión, á que asistiron preto de oitenta regatistas

Martes, 30 de marzo de 2010. O sábado 27 finalizou coa terceira proba, o IX Trofeo Galos-Joyería Arizaga, que se disputou en augas da Ría de Pontevedra e que organiza o club Marinense, Real Club de Mar Aguete.
O comité de regatas elixiu un percorrido costeiro de nove millas e medio cun vento do ...

Ver Completa

Echegoyen fai pleno na Copa do Mundo, mentres Cameselle gaña 2 de 3

Jano Toro e Fernando García Lago despídense das portas do podio dende a novena posición, fronte a Echavarri e Rodríguez que recortan un posto e son agora décimo terceiros. Os equipos Caixanova de Match Race Femenino, liderados por Tamara Echegoyen e Marga Cameselle, loitaron por reducir distancias e mañá loitarán polos postos do 13 ao 18 na categoría prata

Luns, 29 de marzo de 2010. - Segunda xornada da cuadraxésima primeira edición do Trofeo SAR Princesa Sofía Mapfre na baía de Palma, que abre a tempada de regatas en Europa e é puntuable para a Copa do Mundo de vela olímpica e paralímpica. Entre os máis de 1.000 regatistas de 40 países, que ...

Novas
Competicións
Formación
Documentación
Fedérate
 
Patrocinadores

Caixanova
astec
teaxul