Todos os inscritos deben remitir á Federación Galega de Vela, via fax ao 986200110, ou por correo electronico a secretariatecnica@fgvela.com, ou á dirección postal da Federación Galega de Vela, Peirao de Bouzas s/n 36208 Vigo, copia da titualción do patrón da embarcacion inscrita, así como copia do recibo do seguro de RC obrigatorio.
Ás 11:00 horas saída da X Volta Náutica a Galicia dende Ribadeo. Parada en Burela as 14:00 horas. Ás 16:00 horas as embarcacións partirán para Burela hacia Viveiro.
Venres, 1 Agosto.-
Viveiro – Cariño
16.8 millas
Ás 13:00 horas partida dende Viveiro ata Cariño, fondeando pola tarde na súa ría e entrando no Porto de Cariño sobre as 19:00 horas.
Sábado, 2 de Agosto.-
Cariño – Ferrol
38,2 millas
Ás 10:00 horas saída de Cariño ata Ferrol.
Domingo, 3 de Agosto.-
Ferrol – Laxe
38,9 millas
Saída de Ferrol ás 10:00 horas para chegar ó redor das 19:00 horas a Laxe.
Luns, 4 de Agosto.-
Laxe – Camariñas
16,4 millas
Partida de Laxe ás 12:00 horas para chegar a media tarde a Camariñas.
Martes, 5 de Agosto.-
Camariñas – Corcubión
25 millas
Saída do porto de Camariñas ás 12:00 horas rumbo ó de Corcubión, con previsión de chegada á media tarde.
Mercores, 6 de Agosto.-
Corcubión – Muros
20 millas
Partida de Corcubión ás 12:00 horas , facendo un alto no camiño na enseada de San Francisco, chegando a Muros á media tarde.
Xoves, 7 de Agosto.-
Muros – A Pobra
29.4 millas
Ás 12:00 horas está programada a saída dende Muros dirección Pobra.
Venres, 8 de Agosto.-
Pobra do Caramiñal-Vilagarcía
percorrido costeiro 7,2 millas
Saída do porto de Pobra ás 12:00 horas rumbo ós Xidoiros Areosos para pasar o día neste entorno natural. A entrada en Vilagrcía está prevista sobre as 19:00 horas.
Sabado, 9 de Agosto.-
Vilagarcía – Sanxenxo
percorrido de 22,6 millas
Saída de Vilagarcía programada para as 12:00 horas con rumbo a Sanxenxo. Parada para comer en Ons. Chegada a Sanxenxo as 20:00 horas
Domingo, 10 de Agosto.-
Sanxenxo-Moaña
18,3 millas
Ás 12:00 horas saída de Sanxenxo. Parada na Isla Sur de Cies para comer. A partir das 19:00 horas chegada o porto deportivo de Moaña onde comezarán nesta localidade do Morrazo os actos de clausura da X Volta Náutica a Galicia.